Esta actividade foi xestionada pola Concellalía de Benestar do Concello de Moaña.
Cousas do cole , cousas de Moaña , cousas do mundo contadas polos nenos e nenas do colexio público de Quintela-Moaña
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2015-2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2015-2016. Mostrar todas las entradas
17/6/16
O clube de remo
Que ben o pasamos tanto os nenos e nenas de 6º curso como as profes na visita ao clube de remo de Tirán. Estivo xenial!!! Grazas aos monitores e a directiva polo ben que nos trataron,
Esta actividade foi xestionada pola Concellalía de Benestar do Concello de Moaña.
Esta actividade foi xestionada pola Concellalía de Benestar do Concello de Moaña.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Curso 2015-2016,
O remo
3/5/16
Pola ribeira do río
O martes, 3 de maio, a clase de 5º de Primaria saímos de paseo polo río da Fraga.
É unha actividade organizada polo concello dentro do programa "Aprende Moaña" e ofrecida aos colexios para que o alumnado de 5º coñeza a vexetación típica da ribeira dos ríos.
Tivemos un guía, Chani, que 1º nos deu unha charla para familiarizarnos co tema. Resultou moi interesante e divertida.
Tamén fixemos moito exercicio porque todo o fixemos andando e acabamos esgotados.
Dámoslle as grazas a unha veciña que nos deu de beber a todos cando xa estabamos no final.

Debaixo están as fotos.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2015-2016
22/4/16
Entrevista á alcaldesa de Moaña
Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu unha visita moi especial: a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, tivo a amabilidade de acceder á nosa petición de facerlle unha entrevista.
Os nenos e nenas de 5º curso preparamos as preguntas que nos gustaría facerlle e ela contestounas de forma moi sinxela para que todos poidéramos entendela.
Agora tócalle ao alumnado de 6º curso elaborar o texto que sirva para subir á Galipedea a nosa entrada sobre a alcaldesa. Porque este era o motivo da entrevista: coñecela e dar a coñecer aos demais o noso traballo.
Como en cursos anteriores, 5º e 6º son os encargados de crear un artigo na Galipedia sobre unha persoa de renome, ou unha asociación de Moaña que o mereza e que non teña ainda artigo creado.
Este curso consideramos que o feito de ser a primeira muller alcaldesa na historia do concello era motivo dabondo para facelo.
Ao final do encontro a alcaldesa felicitounos pola facilidade coa que falamos en galego. Aconsellounos que non perdéramos o hábito de falar en galego porque é a maneira de seguir coñecendo a nosa cultura. Tamén nos dixo que o feito de poder falar as dúas linguas ( galego e castelán ) nos axuda a aprender con máis facilidade outras linguas.
As titoras queren felicitar ao alumnado polo ben que o fixeron.
Etiquetas:
A alcaldesa,
Colaboramos coa Galipedia,
Curso 2015-2016,
Leticia Santos,
Moaña
15/3/16
Os monumentos de Moaña
O pasado martes 23 de febreiro, os alumnos e alumnas de 3º andivemos de ruta por Moaña coñecendo os seus monumentos máis emblemáticos! O artista plástico Lito Portela foi que fixo de guía.
Esta visita forma parte do programa "Aprende Moaña", unha iniciativa da Concellaría de Ensino.
Esta visita forma parte do programa "Aprende Moaña", unha iniciativa da Concellaría de Ensino.
Velaquí van algunhas fotiños:
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Arte,
Curso 2015-2016
7/3/16
Imos ao monte con Aprende Moaña
Hoxe os nenos e nenas de 2º e 3º de Primaria do noso cole gozamos dun fantástico día de excursión, organizado pola Concellalía de Educación de Moaña, en colaboración coas Xuntas de Montes de Moaña
Compartimos o autobús que nos levou a Chan do Porco en Domaio.
Alí esperamos a chegada dos outros seis colexios públicos de Moaña mentres dábamos un bonito paseo.
Cando xa estabamos todos, plantamos sobreiras e carballos e recitamos poemas de Manuel María.
Despois da merenda tíñamos reservada unha gran sorpresa, puidemos ver á moura na poza peiteándose co seu peite de ouro.
Rematamos a excursión bailando e escoitando o home orquestra, foi divertidísimo!

Montes de Moaña
2/3/16
A vestimenta no Entroido tradicional
En 5º aproveitamos parte da información recollida no traballo do Entroido tradicional e fixemos un powerpoint que presenta parte do disfraz de cada personaxe tradicional.
Etiquetas:
Curso 2015-2016,
Entroido
21/2/16
Investigamos sobre o Entroido tradicional
En 5º estivemos traballando por grupos sobre o Entroido tradicional en Galicia, Fixemos 9 grupos e estudamos 9 lugares famosos en Galicia polo seu carnaval. Incluímos Moaña porque é famosa para nós. Os lugares son: Moaña, O Hío, Cobres, a comarca do Ulla, Xinzo de Limia, Verín, Laza, Viana do Bolo e Manzaneda. Gravamos cada exposición oral e quedaron así:
Yaiza e Lorena
Yaiza e Lorena
Raquel e Hugo Calo
Hugo Carballo, Izan e Edgar
Uxía A. e Nacho
Etiquetas:
Curso 2015-2016,
Entroido
17/2/16
Visita ao Concello de Moaña
Dentro das actividades de Aprende Moaña, o alumnado de 4º curso visitou o Concello de Moaña para coñecer o seu funcionamento e realizar á alcaldesa, Leticia Santos, varias preguntas preparadas en clase e nos seus fogares.
A alcaldesa e a tenente de alcalde Marta Freire, responderon as preguntas dos nenos e nenas, que sobre todo xiraban en torno a temas como melloras en parques infantís e en zonas verdes
Tamén viron as dependencias do Concello, presentaron un escrito por rexistro, comprobaron que estaban no padrón municipal, visitaron as dependencias da Policia municipal e os calabozos.
Pasáronno moi ben!

16/2/16
Trípticos sobre as sobremesas típicas do Entroido
O alumnado de 6º curso estivemos investigando sobre algunhas sobremesas típicas do Entroido. Descubrimos, por exemplo, que o bandullo é un doce típico do Morrazo. Coa información que atopamos elaboramos uns trípticos e aquí vos deixamos os resultados.
Etiquetas:
Curso 2015-2016,
Entroido,
Gastronomía
15/2/16
Visita á Ludoteca Municipal
Hoxe o alumnado de Infantil foi de visita á Ludoteca Municipal de Moaña e pasáronno moi ben facendo unhas manualidades relacionadas coa meteoroloxía e xogando con moitísimos xoguetes!
Esta visita se enmarca no proxecto do Concello de Moaña "Aprende Moaña"
Esta visita se enmarca no proxecto do Concello de Moaña "Aprende Moaña"
MOITAS GRAZAS POR INVITARNOS!
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Curso 2015-2016
12/2/16
Sobremesa típica do Morrazo
Para festexar O Entroido os nenos e nenas de 6º curso fixemos unha sobremesa típica do Morrazo: "Bandullo". Resultou unha receita moi saborosa e pasámolo moi ben. Aquí tedes o resultado.
Etiquetas:
Curso 2015-2016,
Entroido,
Gastronomía
30/1/16
23/12/15
A escola de Música tradicional de Moaña
O alumnado de primeiro curso visitou a Aula de instrumentos tradicionais na Escola de Música tradicional de Moaña. Xavier Blanco foi o anfitrión e guía, contándolle moitas curiosodades dos singulares instrumento alí expostos.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Curso 2015-2016
21/12/15
Cogomelos de Moaña e de Galicia
O Concello de Moaña ten deseñadas unha serie de actuación para o alumnado de E. Infantil, Primaria e Secundaria co nome "Aprende Moaña"
Dentro destas actuacións, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibimos a visita de Manuel Méndez, mestre e afeccionado á micoloxía. Organizounos unha actividade moi interesante que consistiu nunha mostra-exposición de cogomelos e unha charla coloquio sobre o tema. Aprendemos e descubrimos cousas moi interesantes e aquí vos deixamos unha pequena mostra. Grazas Manuel por compartir connosco os teus coñecementos.
Dentro destas actuacións, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibimos a visita de Manuel Méndez, mestre e afeccionado á micoloxía. Organizounos unha actividade moi interesante que consistiu nunha mostra-exposición de cogomelos e unha charla coloquio sobre o tema. Aprendemos e descubrimos cousas moi interesantes e aquí vos deixamos unha pequena mostra. Grazas Manuel por compartir connosco os teus coñecementos.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Curso 2015-2016,
Gastronomía
17/12/15
Levamos as postais de Nadal a correos
ONTE, AS XIRAFAS, OS GATIÑOS E AS BOLBORETAS LEVAMOS AS POSTAIS DE NADAL A OFICINA DE CORREOS.
14/12/15
En cuarto curso aprendemos como funciona Correos
Hoxe en cuarto curso recibimos a visita de Antonio, que traballa en Correos en Moaña.
Queriamos saber como fai unha carta para chegar ao seu destino.
Antonio explicounos como clasifican as cartas, como as envían a outras cidades e países.
Tamén explicou como se debe poñer o enderezo e o remite. para que non se perdan.
Falounos dos selos e dos vehículos que usan os carteiros/as para facer o reparto.
Agora sabemos que en Moaña hai 13 carteiros, e que hai máis mulleres que homes.
Aprendemos un montón de cousas, e trouxonos unha caixa de correos ( "buzón" ) de agasallo.
Borja foi o que organizou esta visita.
Estes nenos de 4º curso de Quintela son moi autónomos!

13/12/15
Camiñata á Tirán
O martes 24 de novembro o alumnado de 5º e 6º fomos coñecer unha parte da costa de Moaña. Demos un paseo desde o colexio ata o mirador de Tirán. Paramos preto das distintas estatuas que decoran as rotondas polas que pasamos, no porto do Con, no muro de Masandía, na igrexa de Tirán, no mirador enriba das praias do Fiunchal e do camping e merendamos alí. De volta descansamos na estatua da balea e voltamos cansos parando en todos os bancos que atopamos na beirarrúa de Daniel Castelao. Cos recordos fixemos por grupos uns traballos que temos expostos. Debaixo mostramos un álbum de recordo.
Etiquetas:
Curso 2015-2016,
Tirán
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas