Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2011-2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2011-2012. Mostrar todas las entradas

22/6/12

Saída a Chan da Arquiña

Este ano, decidimos darlle despedida ao curso académico indo a Chan da Arquiña. Pasámolo estupendamente camiñando pola contorna, merendando e facendo xogos todos xuntos e tamén cos profes. Foi unha mañá moi divertida!!!


24/5/12

Correlingua en Moaña

O 14 de maio participamos na festa do Correlingua, que se celebrou por primeira vez en Moaña. Asistimos a un concerto de grupo Pesdelán, organizado polos equipos de Dinamización Lingüística en colaboración coa Federación de ANPAS de Moaña e a Comunidade de montes de Domaio. Foi unha xornada moi divertida.

10/5/12

Maracapáxinas

Este foi o agasallo a todos os asistentes á inauguración da exposición de fotos da escola escola de Quintela:

7/5/12

Achádego: Plan experimental

Entre a documentación do noso colexio, atopamos o Plan Experimental para o ensino do galego na escola, un plan do ano 73 ao que se acolleu a nosa escola, como recordaron os asistentes ao faladoiro do pasado venres 4 de maio:

5/5/12

Xornada de emocións

Foto: Gonzalo Núñez
O venres 4 de maio vivimos unha xornada de emocións cos actos que celebraban a connmemoración da construción da Escola Vella de Quintela.
Na exposición, unha nube de persoas buscaban con ávido interese imaxes de amigos e familiares, entre as máis de duascentas fotos. Os sorrisos e as sorpresas percorrían os corredores, dando lugar a animados comentarios. 
Os recordos tamén asomaronn  ao visitar a recreación dunha aula de metade de século pasado. Os que estudaran na Escola Graduada de Quintela, recoñeceron as mesas, os bancos e os pizarrillos cos que escribían e os máis novos observaban con curiosidade os útis daquela escola tan lonxana.
O faladoiro organizado na Aula da Cultura Daniel Castelao (a antiga escola de Quintela) vivíu momentos moi intensos, tanto polas emotivas intervencións dos presentes como pola curiosidade das anécdotas. Desde detalles sobre o estado das aulas e as trasnadas dos cativos ata as emotivas palabras recoñecendo o labor dalgúns mestres da escola.
Foto : Gonzalo Núñez
Os cinco convidados representaban puntos de vista clave na historia do Grupo de Quintela: un alumno escolarizado nos anos 50 ( Pepe O caramuxo), outro dos anos 70 (Pepe o Roxo), a última directora do centro antes da aparición dos novo centros de Quintela e Abelendo (Elisa De La Peña), unha mestra do centro vello e do novo (Filomena Lago) e por último a representante da APA que viviu a reclamación dos novos centros (Modesta Fandiño).As súas interencións deron paso as do público, destacando a de Santiago Barreiro , fillo dun  mestre de Quintela entre os anos 30 e os 60, Santiago Barreiro Paradela que destacou polos seus méritos docentes como salientaros os presentes.

30/4/12

Quintela: 100 anos de escola

                   Quintela: 100 anos de escola en Moaña
                                         1912-2012
 4 de Maio de 2012
19 h. No CEIP Quintela 
Inauguración da exposición de fotos.
Presentación da recreación dunha aula tipo da metade do século pasado.
Ambas exposicións estarán abertas ao público do 4 ao 24 de maio, de 16 a 18 h.

20 H Centro Cultural Daniel Castelao.
Faladoiro "As nosas vivencias na escola"
Participarán: Elisa de la Peña, Pepe O Caramuxo, Modesta Fandiño, Pepe O Roxo e Filomena Lago.

Participa e comparte connosco os teus recordos.

22/3/12

A comarca de Pontevedra

Este traballo sobre a comarca de Pontevedra é obra de Brais, de sexto curso:
Pontevedra

4/2/12

Estimadas familias



Estimadas familias: 

            Neste ano conmemoramos o centenario do Grupo Escolar de Quintela, construído no ano 1912. Temos previsto organizar unha serie de actividades entre as que están, unha exposición de fotografías e material escolar  (libros , cadernos , útiles escolares,etc.) que foron utilizados no Centro.
            As fotografías poderanse entregar durante o mes de febreiro no despacho de dirección cos datos das persoas que están nas fotos, comprometéndonos a devolvelas nun prazo duns poucos días. Lembrade que debemos contar coa vosa autorización para que as fotos se poidan expoñer e publicar.
            O resto do material servirá para completar unha recreación dunha aula desa época.
            Agradecendo a vosa colaboración recibide un saúdo do profesorado do CEIP Quintela.
                                                                                               Moaña, xaneiro de 2012.





En Faro de Vigo hoxe:
FARO DE VIGO
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas