Moitas grazas!!
Cousas do cole , cousas de Moaña , cousas do mundo contadas polos nenos e nenas do colexio público de Quintela-Moaña
Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemos Moaña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemos Moaña. Mostrar todas las entradas
18/1/18
Paseo polas esculturas II
Coas fotos da saída , algúns alumnos de 6º de Primaria (Samuel, Yoel e Carla Santorio) montaron este vídeo.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2017-2018,
Escultura,
Lito Portela
17/1/18
As esculturas en Moaña
O martes 23 de xaneiro a clase de 3º foi ver as esculturas que hai ao aire libre polo paseo e o Rosal.Esta é unha actividade que forma parte do proxecto "Aprende Moaña" da Concellalía de Ensino de Moaña
O pintor e escultor moañés Lito Portela guiou o noso paseo parando en cada escultura e falándonos delas. Coñecemos as distintas maneiras de facer esculturas. Descubrimos de que material están feitas. Decatámonos da cantidade de esculturas que hai. Recibimos moita información.
Ao final, Lito fíxonos un retrato na libreta que levabamos a cada neno ou nena que llo pediu e tamén puxo a súa sinatura nun papel, nun brazo,...
Pasámolo moi ben e non nos importaría repetir.
Moitas grazas Lito!!!
Anécdota: vimos ás mariscadoras camiño do seu traballo e sentámonos no muro a velas e a presidenta da asociación veu a saúdarnos.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2017-2018,
Escultura,
Lito Portela
21/12/17
Imos a Correos
O mércores os nenos e nenas de 6º de Infantil foron á oficina de correos de Moaña para enviar as súas postais de Nadal....Esperamos que chegaran todas!

Etiquetas:
Coñecemos Moaña,
Correos,
Curso 2017-2018
2/10/17
Saída pola ribeira
O venres as clases de 5º e 6º do cole fixemos unha saída dende o cole ata a praia da Videira. Vimos pazos, praias, esculturas, rochas,...e ata fixemos matemáticas. Pasámolo moi ben!
Etiquetas:
A praia,
Coñecemos Moaña,
Curso 2017-2018,
Tirán
25/4/17
Visita á ludoteca municipal
Seguimos co programa "Aprende Moaña" do Concello.
Onte 4º e 5º de Infantil foron á ludoteca municipal.
Pasáronno moi ben xogando e fixeron un puzle moi chulo do Fisgón, que levaron para casa.
Onte 4º e 5º de Infantil foron á ludoteca municipal.
Pasáronno moi ben xogando e fixeron un puzle moi chulo do Fisgón, que levaron para casa.
Etiquetas:
A ludoteca,
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2016-2017,
Ludoteca
16/4/17
Visitamos un muíño e unha carballeira
Dentro das actividades de Aprende Moaña,os nenos e nenas de terceiro curso fixemos unha visita á Carballeira de Bronlle a ao muiño de Abilleira, en Meira
28/3/17
Entrevista á Asociación de mulleres
O luns o alumnado de 5º e 6º recibimos na biblioteca do centro unha representación da Asociación de Mulleres de Moaña.
O noso obxectivo é crear a entrada sobre elas na Galipedia
Previo á visita elaboramos unha enquisa coa finalidade de coñecer o funcionamento dunha Asociación tan importante para Moaña.
A presidenta Concha Ramos, xunto con Concha Trigo, Teresa Rivas e Mucha López explicáronnos como funciona a Asociación e todas as actividades que se realizan nela.
Decatámonos da gran variedade de oferta que hai e da importancia que ten a Asociación para todas aquelas mulleres que queiran colaborar con elas e desfrutar das actividades que ofrece a asociación.
Moitas grazas pola vosa visita!

11/3/17
As tartarugas coñecen as esculturas
A mascota do noso cole, o ratiño Paco, pediulles aos nenos e nenas de 4º de Infantil investigar un pouco as esculturas de Moaña.
Así que aquí está a clase das Tartarugas visitándoas. Hoxe foron á escultura dos animais abandonados, o monumento ao mariñeiro, ao choco bufón e ao Fisgón.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2016-2017,
Escultura
4/3/17
Natación en sexto curso
Durante o mes de marzo, os venres, os nenos e nenas de 6º de Primaria imos facer a clase de Educación Física na piscina municipal.
Esta é unha actividade que xestionou o Concello xunto coa Piscina Municipal, co obxectivo de fomentar o deporte da natación dentro da comunidade escolar.
Traballaremos a técnica nos diferentes estilos e tamén a respiración, pero sen esquecer o xogo, que é moi importante para unha boa e motivadora aprendizaxe.
Esta é unha actividade que xestionou o Concello xunto coa Piscina Municipal, co obxectivo de fomentar o deporte da natación dentro da comunidade escolar.
Traballaremos a técnica nos diferentes estilos e tamén a respiración, pero sen esquecer o xogo, que é moi importante para unha boa e motivadora aprendizaxe.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2016-2017,
Natación
21/2/17
Día da Árbore
Hoce, no Dia da Árbore, e segundo o programa Aprende Moaña do noso Concello, xuntáronse 300 nenos e nenas dos sete colexios de Moaña, que viviron unha xornada de convivencia e festa na natureza, na que plantaron árbores, e despois tiveron unha festa coa animación de Cé Orquestra Pantasma
Nesta actividade colaboran as Comunidades de Montes de Domaio e Moaña.
Nesta actividade colaboran as Comunidades de Montes de Domaio e Moaña.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2016-2017,
Montes de Moaña
20/2/17
Moaña antiga
Na clase de cuarto curso temos unha pequena exposición de fotografías de antiguas de Moaña. Tiñamos curiosidade por ver como era antes Moaña. Gustounos moito ver que era unha inmensa praia. Despois invitamos aos compañeiros de terceiro curso a ver a exposición.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2016-2017
13/2/17
Charla sobre a vespa velutina
O pasado venres, os cursos de 5º e 6º de Primaria recibimos unha charla sobre a vespa velutina impartida por Fran Ogando(membro da asociación de apicultores de Moaña). Esta é outra das actividades que o concello ofrece aos colexios do municipio e que son do máis interesantes.
Como sabedes as apicultoras e apicultores de Galicia están preocupadísimos pola invasión destas vespas que arrasan con todo: atacan as colmeas de abellas e cómennas, deixan sen pole as flores, ... En fin,o ciclo vital da abella está moi ameazado. Non paran en buscar solucións para combater esta praga e agora están usando unhas trampas moi sinxelas de facer. Fran trouxo varias trampas feitas con material de refugallo: botellas de auga de plástico e un cable para atalas ás árbores. Seica as vespas velutinas son unhas borrachas e con iso están traballando os apicultores. Enchen as botellas con distintos licores e elas entran atraídas polo cheiro do alcohol. Fran regalounos trampas para poñer nas plantas que agora as necesitan: os camelios.
Etiquetas:
Apicultura,
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2016-2017
23/1/17
Escribimos á alcaldesa
Na aula de cuarto curso preparamos a visita ao Concello de Moaña, dentro do programa "Aprende Moaña" da concellalía de ensino..
Aprendemos cales son as funcións do concello, escribimos cartas á alcaldesa e redactamos unha lista de peticións.
Xa llas enviamos, e contestounos cunha cariñosa carta. Pronto estaremos no Concello para aprender máis.
Aprendemos cales son as funcións do concello, escribimos cartas á alcaldesa e redactamos unha lista de peticións.
Xa llas enviamos, e contestounos cunha cariñosa carta. Pronto estaremos no Concello para aprender máis.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2016-2017
Preparando a visita ao Concello
Na aula de cuarto curso preparamos a próxima visita ao Concello de Moaña.
Aprendemos cales son as funcións do concello, escribimos cartas á alcaldesa e redactamos unha lista de peticións.
Xa llas enviamos, e contestounos cunha cariñosa carta. Pronto estaremos no Concello para aprender máis.
Aprendemos cales son as funcións do concello, escribimos cartas á alcaldesa e redactamos unha lista de peticións.
Xa llas enviamos, e contestounos cunha cariñosa carta. Pronto estaremos no Concello para aprender máis.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2016-2017
6/10/16
Paseo pola ribeira
O 19 de setembro 5º e 6º de Primaria fixemos unha saída para coñecer a ribeira de Moaña. Comezamos no peirao de pasaxeiros e chegamos ata San Bartolomeu.
Puidemos observar a vida que se desenvolve nela e aprendemos algo máis as esculturas que hai polo paseo.
Etiquetas:
Coñecemos Moaña,
Curso 2016-2017
3/5/16
Pola ribeira do río
O martes, 3 de maio, a clase de 5º de Primaria saímos de paseo polo río da Fraga.
É unha actividade organizada polo concello dentro do programa "Aprende Moaña" e ofrecida aos colexios para que o alumnado de 5º coñeza a vexetación típica da ribeira dos ríos.
Tivemos un guía, Chani, que 1º nos deu unha charla para familiarizarnos co tema. Resultou moi interesante e divertida.
Tamén fixemos moito exercicio porque todo o fixemos andando e acabamos esgotados.
Dámoslle as grazas a unha veciña que nos deu de beber a todos cando xa estabamos no final.

Debaixo están as fotos.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2015-2016
7/3/13
A publicidade e o cole
O alumnado de 5º e 6º estivemos traballando os anuncios publicitarios e aproveitando que estamos en período de solicitude de admisión de novos alumnos para o vindeiro curso,promocionamos o noso cole.
Escoitádenos e veredes que ben o fixemos.
Etiquetas:
Coñecemos Moaña,
Curso 2014-2015,
O colexio de Quintela
24/5/12
Correlingua en Moaña
O 14 de maio participamos na festa do Correlingua, que se celebrou por primeira vez en Moaña. Asistimos a un concerto de grupo Pesdelán, organizado polos equipos de Dinamización Lingüística en colaboración coa Federación de ANPAS de Moaña e a Comunidade de montes de Domaio. Foi unha xornada moi divertida.
Etiquetas:
Coñecemos Moaña,
Correlingua en Moaña,
Curso 2011-2012
2/4/10
Wellcome Moaña
Anxo Rúa de Quinto curso preparou este vídeo de Moaña para a clase de Inglés
Etiquetas:
Coñecemos Moaña,
Curso 2009-2010,
Moaña
25/3/10
Moaña
Moaña vista por Patri e Sheila, tamén de 5' curso:
Patri,Sheila.presentación de moaña
View more presentations or Upload your own.
Etiquetas:
Coñecemos Moaña,
Curso 2009-2010,
Moaña
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas