Mostrando entradas con la etiqueta Arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arte. Mostrar todas las entradas

15/3/16

Os monumentos de Moaña

O pasado martes 23 de febreiro, os alumnos e alumnas de 3º andivemos de ruta por Moaña coñecendo os seus monumentos máis emblemáticos! O artista plástico Lito Portela foi que fixo de guía.
Esta visita forma parte do programa "Aprende Moaña", unha iniciativa da Concellaría de Ensino.

Velaquí van algunhas fotiños:






27/5/11

Xulia Minguillón

Os nenos e nenas de primeiro...

Fixemos debuxos dos cadros  desta pintora para regalarllos ós nenos e nenas do cole de Brea-Segade de Taragoña

26/5/11

Coñecemos ao artista plástico moañés Xabier Ríos

O pasado xoves, 12 de maio, tivemos a honra de achegarnos ao taller de Xavier Ríos, un pintor e escultor que vive moi preto do noso colexio, a só uns 5 minutos de distancia e nós sen sabelo. Coñecemos parte da súa obra escultórica exposta (para nós) na súa finca e co mar da ría de fondo. 
Os barcos construídos a partir de triángulos eran a base da maioría das pezas; pero, había algo máis. Tanto podían formar parte dunha nora  como dun columpio; por non falar dos distintos materiais empregados: granito, ferro, aceiro... 
Dentro do taller a cousa foi distinta: un mesmo motivo de diversas formas(con papel, con metal, con goma...).
Cos cadros pasou o mesmo: formas xeométricas e composicións con elas.
A partir daquí soubemos da súa maneira de traballar organizándose en en series:a memoria,borrón,refuxios,... 
Contounos que el sempre ten moi presente a referencia constante á infancia (a escola,os xogos).
Tan preto de nós e ao mesmo tempo, expoñendo en distintos lugares, dende Moaña ás demais cidades de Galicia,Madrid e Portugal.
Só nos queda darlle as grazas e escribir aquí algunhas palabras.
As fotos ilustran a nosa visita.


 









Noa e Irene 6º



Os pintores galegos

Traballo realizado polo alumnado de sexto de Primaria

2/2/11

San Martiño en 3D

Este é un traballo dixital do alumno de 6º de Primaria Anxo Rúa sobre a igrexa de San Martiño de Moaña , dentro do proxecto"Moaña" que estamos a traballar no colexio.

24/9/10

A cadeira

A pasada semana apareceu no monte de Meira (Moaña), ao lado dos restos dunha torre medieval, unha cadeiraa xigante.O lugar ten unha fermosísima vista sobre a ría
Despois de varios días de misterio, e de mil rumores sobre a identidade dos autores, xa sabemos que é obra de dous mozos de Moaña.
Os nosos parabéns aos autores, Xulio Lago e Roberto Brañas, por a idea e por conseguir que o noso pobo saíra en todos os medios.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas