Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2014-2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2014-2015. Mostrar todas las entradas

16/6/15

Rialdarca

O alumnado de 5º de Primaria participamos no Programa Proxecto Ríos. Unha das actividades que fixemos foi a inspección dun tramo do río de Rialdarca. Aquí tedes unha mostra do traballo realizado:

12/6/15

Asociación de Mariscadoras de Moaña

Coa información recompilada polo alumnado de quinto curso na entrevista  á presidenta da Asociación de mariscadoras de Moaña, na clase de sexto redactamos un artigo sobre elas para a Galipedia.Fixemos así:

Primeiro investigamos como se redactan os artigos, mirando os de outras asociacións.
Logo preparamos o artigo.
A continuación enviámosllo á Asociación para que o revisasen , por se contiña algún erro.
Por último, xunto cos compañeiros/as de quinto curso, subimos á rede o artigo.
E aquí tedes o enlace:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Asociaci%C3%B3n_de_Mariscadoras_de_Moa%C3%B1a

10/10/14

Saímos polas praias

O pasado venres, último día de calor, fixemos unha saída para observar as rochas, a erosión,...

2/12/13

Saída ao río

Os nenos e nenas de quinto fixeron unha saída ao río Rialdarca. Tratábase de observar o curso do río, e a vexetación. Na próxima saída, faremos o recorrido cara a desembocadura

7/3/13

A publicidade e o cole

O alumnado de 5º e 6º estivemos traballando os anuncios publicitarios e aproveitando que estamos en período de solicitude de admisión de novos alumnos para o vindeiro curso,promocionamos o noso cole. Escoitádenos e veredes que ben o fixemos. 
  
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas