Mostrando entradas con la etiqueta O colexio de Quintela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O colexio de Quintela. Mostrar todas las entradas

7/3/13

A publicidade e o cole

O alumnado de 5º e 6º estivemos traballando os anuncios publicitarios e aproveitando que estamos en período de solicitude de admisión de novos alumnos para o vindeiro curso,promocionamos o noso cole. Escoitádenos e veredes que ben o fixemos. 
  

11/3/09

Moitas laranxas imos comer





HOXE plantamos unha laranxeira.Cada curso a súa,no terreo da caseta meteorolóxica.Os de tres anos,as tartarugas,plantaron a primeira,os elefantes,a segunda,e as bolboretas a terceira.Botámoslle moita terra,un pouquiño de auga,unha canción e moitas ganas de remexer na terra.Quedaron estupendas,dentro de uns días iremos a botarlle máis auga.As bolboretas descubriron que a laranxeira das tartarugas tiña un botón de flor ,a de sexto 12 e a das bolboretas 53!!!Veremos que pasa con esas flores!

3/5/07

O mar


Dende o noso cole mìrase o mar.
È como un balcón asomado á Ría de Vigo.

3/4/07

O colexio.


O noso colexio, o Ceip Quintela, está en Moaña, en un entorno semi-urbano, de casas unifamiliares.
É un colexio pequeno, hai 6 aulas de Primaria e tres de Educación Infantil.
No cole hai un edificio principal. onde están as aulas de Primaria e a de Infantil de 5 anos, a Biblioteca , aula de Informática, aula de Música e Audiovisuais, aula de Inglés ,aula de Apoio, servicio médico, comedor escolar, sá de profesoras e profesores e as dependencias administrativas.



No recinto escolar hai dous edificios mais: o edificio que alberga as aulas de Educación Infantil, co seu patio de recreo, e o e o pavillón escolar. Contamos ademais con un parque de xogos,unha pista polideportiva, e un horto escolar.
En Moaña hai seis colexios máis: O Ceip Abelendo, o Ceip Reibón, o Ceip Seara, o Ceip de Tirán, o Ceip A guía, e o Ceip de Domaio. Hai tamén dous Escolas de Educación Infantil. A EEI de Verducedo e a EEI de O Con. Por último, temos dous institutos: o IES A Paralaia. e o IES As Barxas.


¡Somos moitos!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas