Mostrando entradas con la etiqueta Natación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Natación. Mostrar todas las entradas

31/3/17

Rematou a piscina municipal

Onte tivemos a nosa última sesión de piscina. Fixemos un repaso de todo o aprendido nas sesións anteriores e, tamén, ensináronnos a tirarnos de cabeza!!!!
Quedamos encantados e con pena de non poder seguir, de que xa rematara...

Queremos agradecer a todo o persoal da piscina por apoiarnos nesta experiencia e, sobre a todo a Pedro,o monitor, pola súa implicación, paciencia e esforzo. Isto non sería posible sen a colaboración do Concello e de Aqualia, así que, unha vez máis, grazas por contar con nós nesta iniciativa. Esperamos poder seguir con esta actividade nos vindeiros cursos!!!



4/3/17

Natación en sexto curso

Durante o mes de marzo, os venres, os nenos e nenas de 6º de Primaria imos facer a clase de Educación Física na piscina municipal.
 Esta é unha actividade que xestionou o Concello xunto coa Piscina  Municipal, co obxectivo de fomentar o deporte da natación dentro da comunidade escolar.  
Traballaremos a técnica nos diferentes estilos e tamén a respiración, pero sen esquecer o xogo, que é moi importante para unha boa e motivadora aprendizaxe.



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas