Mostrando entradas con la etiqueta Escultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escultura. Mostrar todas las entradas

18/1/18

Paseo polas esculturas II

Coas fotos da saída , algúns alumnos de 6º de Primaria (Samuel, Yoel e Carla Santorio) montaron este vídeo.
 Moitas grazas!!

17/1/18

As esculturas en Moaña

O martes 23 de xaneiro a clase de 3º foi ver as esculturas que hai ao aire libre polo paseo e o Rosal.Esta é unha actividade que forma parte do proxecto "Aprende Moaña" da Concellalía de Ensino de Moaña
O pintor e escultor moañés Lito Portela guiou o noso paseo parando en cada escultura e falándonos  delas. Coñecemos as distintas maneiras de facer esculturas. Descubrimos de que material están feitas. Decatámonos da cantidade de esculturas que hai. Recibimos moita información.
Ao final, Lito fíxonos un retrato na libreta que levabamos a cada neno ou nena que llo pediu e tamén puxo a súa sinatura nun papel, nun brazo,...
Pasámolo moi ben e non nos importaría repetir.

Moitas grazas Lito!!!

Anécdota: vimos ás mariscadoras camiño do seu traballo e sentámonos no muro a velas e a presidenta da asociación veu a saúdarnos. 






11/3/17

As tartarugas coñecen as esculturas

A mascota do noso cole, o ratiño Paco, pediulles aos nenos e nenas de 4º de Infantil investigar un pouco as esculturas de Moaña.
Así que aquí está a clase das Tartarugas visitándoas. Hoxe foron á escultura dos animais abandonados, o monumento ao mariñeiro, ao choco bufón e ao Fisgón.







As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas