Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

2/3/16

A vestimenta no Entroido tradicional

En 5º aproveitamos  parte da información recollida no traballo do Entroido tradicional e fixemos un powerpoint que presenta parte do disfraz de cada personaxe tradicional.


21/2/16

Investigamos sobre o Entroido tradicional

En 5º estivemos traballando por grupos sobre o Entroido tradicional en Galicia, Fixemos 9 grupos e estudamos 9 lugares famosos en Galicia polo seu carnaval. Incluímos Moaña porque é famosa para nós. Os lugares son: Moaña, O Hío, Cobres, a comarca do Ulla, Xinzo de Limia, Verín, Laza, Viana do Bolo e Manzaneda. Gravamos cada exposición oral e quedaron así: 

Yaiza e Lorena


Raquel e Hugo Calo

 

Hugo Carballo, Izan e Edgar



Uxía A. e Nacho

16/2/16

Trípticos sobre as sobremesas típicas do Entroido

O alumnado de 6º curso estivemos investigando sobre algunhas sobremesas típicas do Entroido. Descubrimos, por exemplo, que o bandullo é un doce típico do Morrazo. Coa información que atopamos elaboramos uns trípticos e aquí vos deixamos os resultados.




12/2/16

Sobremesa típica do Morrazo

Para festexar O Entroido os nenos e nenas de 6º curso fixemos unha sobremesa típica do Morrazo:  "Bandullo". Resultou unha receita moi saborosa e pasámolo moi ben. Aquí tedes o resultado.

30/1/16

Moito ollo o luns!

26/5/11

Sexto curso investiga

E con esta presentación que fixeron, aprendemos todos e todas:

12/3/11

Curruvellos

Este é un texto de Sergio Rúa Costa, de 5º curso.

O meu tío, Leonardo Villar Lamas ten 64 anos e hai 31 anos que non se disfraza.
Vestíase de curruvello, cun sobriño. Para cubrir a cabeza levaba unha boina e nas pernas unha s botas altas de goma. Tamén levaba unha gabardina con remendos e na cara un nariz falso.
Despois de vestirse percorrían os barrios de Quintela. Algunha persoas disfrazábanse e outra non.
O máis divertido era meterse cos demais.
A el gustaríalle que os nenos e nenas seguiran esta tradición disfrazándose de curruvellos.
Sergio Rúa Costa.

9/3/11

O Entroido en Moaña II

Temos aquí un novo texto sobre os curruvellos. Trátase do de Sara Pastoriza, de 5º curso.

María Pastoriza Rodríguez, de 58 anos, hai catro anos que non se disfraza de curruvello.
Todo o mundo que quixera podía disfrazarse. Saía en grupo coas súas amigas.
A roupa que levaban eran panos da cabeza, nas pernas unhas medias, tamén vestían blusas e xerseis de la.
Na cara podían levar antefaces e máscaras.
Despois de vestirse, metíanse con coñecidos e ata con descoñecidos. E ían polas casa dos que non coñecían e andaban todo o día de troula.
A verdade  que era moi difícil recoñecelos, xa que tiñan a cara tapada.
O que máis divertido lle resultaba era gastar bromas poñendo voces diferentes, co que conseguían que non os recoñeceran. Ademais, tapábanse as mans porque podían descubrilos por iso.
A María gustaríalle que os nenos e nenas coñeceran esta tradición, porque a ela gustaríalle seguir coas tradicións de toda a vida. É que a ela non lle gustan os disfraces comprados como os de princesas e raíñas..., non. A ela encántanlle os disfraces caseiros porque se fan con moito esmero e cariño.
Sara Pastoriza, 5º curso

A festa do Entroido en Moaña

Este foi o texto que elaborou Brais González cos datos da súa entrevista a Mª Carme Bermúdez Durán , de 68 anos.


Entrevistei á miña tía Mª Carme Bremúdez Durán, de 68 anos.
Disfrazábase de curruvello coas súas amigas e fíxoo por última vez hai 10 anos.
En Moaña, disfrazábanse os que querían, con panos e sombreiros na cabeza e con roupa vella no tronco e nas pernas. Na cara levaban carautas.

Despois de vestirse, metíanse coa xente.
Non era nada fácil recoñecelos. O máis divertido era ir pola rúa en grupo meténdose coa xente.
A Mª Carme gustaríalle moitísimo que a xente nova se disfrazara así, era moi divertido!

Brais González, 5º curso

O Entroido en Moaña


 Este mes, os cursos de 3º, 4º e 5º desenvolveron unha investigación sobre o entroido tradicional en Moaña. O EDLG elaborou un cuestionario para que puideran entrevistar a algún coñecido que se vestira algunha vez de curruvello. Cos datos da entrevistas, elaboraron un texto que recolle a información.

Curruvellos

Fixemos unha entrevista a unha persoa maior, Josefa Costa Diz, de 60 anos, para que nos contara con que roupa se vestía no carnaval.
Contounos como se vestía a xente de curruvellos.
Na cabeza poñíase unha bolsa de patacas, sabas vellas e máscaras. Nas pernas vestíanse medias de espuma grosa e pantalóns vellos, e no tronco recheos con coxíns e tamén se poñía chepa.
Na cara levaban sabas vellas con buratos.
Despois de vestirse saían á rúa e facían bromas á xente, pero sen falar, con xestos.
Non era nada doado recoñecer aos curruvellos.
O máis divertido era vestirse mal, porque a xente ría con eles e ían todos detrás dos homes,  facerlle bromas graciosas.
                          Alejandra Ferradás e Alondra Montoya, 5º curso.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas