Mostrando entradas con la etiqueta A Xunqueira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Xunqueira. Mostrar todas las entradas

21/6/19

4º aprende a mariscar

 O pasado mércores, 5 de xuño, a clase de 4º baixou á ribeira de Moaña a coñecer o oficio de mariscar de cerca. Esperábanos a avoa de Claudia, Tere, e a presidenta da Asociación de Mariscadoras de Moaña, Dolores.

Contáronlles algunhas novidades deste ano: a incorporación de 15  persoas ao traballo (dous homes mariscadores), as pragas de animais invasores,...
Moitas grazas de novo por atendernos.
Presentamos o vídeo de recordo.

2/12/10

A praia





Onte os nenos e nenas de 2º fomos á praia da Xunqueira.
Tiñamos que pintar a praia, e facía un día tan bo, que alá fomos coas nosas pinturas e carpetas, a traballar a praia.



Igoal que os artistas de verdade!!



Os nosos traballos van servir para ilustrar un calendario.

Cada curso pinta unha cousa propia de Moaña, e nós tocounos a praia.

9/7/07

Un paseo pola praia

En Moaña temos a sorte de poseer varias praias urbanas.Esta é a da Xunqueira.A praia da Xunqueira ten un parque, para disfrutar da sombra. No parque está a bibliopraia.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas