Hoce, no Dia da Árbore, e segundo o programa Aprende Moaña do noso Concello, xuntáronse 300 nenos e nenas dos sete colexios de Moaña, que viviron unha xornada de convivencia e festa na natureza, na que plantaron árbores, e despois tiveron unha festa coa animación de Cé Orquestra Pantasma
Nesta actividade colaboran as Comunidades de Montes de Domaio e Moaña.
Cousas do cole , cousas de Moaña , cousas do mundo contadas polos nenos e nenas do colexio público de Quintela-Moaña
Mostrando entradas con la etiqueta Montes de Moaña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Montes de Moaña. Mostrar todas las entradas
21/2/17
7/3/16
Imos ao monte con Aprende Moaña
Hoxe os nenos e nenas de 2º e 3º de Primaria do noso cole gozamos dun fantástico día de excursión, organizado pola Concellalía de Educación de Moaña, en colaboración coas Xuntas de Montes de Moaña
Compartimos o autobús que nos levou a Chan do Porco en Domaio.
Alí esperamos a chegada dos outros seis colexios públicos de Moaña mentres dábamos un bonito paseo.
Cando xa estabamos todos, plantamos sobreiras e carballos e recitamos poemas de Manuel María.
Despois da merenda tíñamos reservada unha gran sorpresa, puidemos ver á moura na poza peiteándose co seu peite de ouro.
Rematamos a excursión bailando e escoitando o home orquestra, foi divertidísimo!

Etiquetas:
Aprende Moaña,
Curso 2015-2016,
Montes de Moaña
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas