Dentro das actividades de Aprende Moaña, o alumnado de 4º curso visitou o Concello de Moaña para coñecer o seu funcionamento e realizar á alcaldesa, Leticia Santos, varias preguntas preparadas en clase e nos seus fogares.
A alcaldesa e a tenente de alcalde Marta Freire, responderon as preguntas dos nenos e nenas, que sobre todo xiraban en torno a temas como melloras en parques infantís e en zonas verdes
Tamén viron as dependencias do Concello, presentaron un escrito por rexistro, comprobaron que estaban no padrón municipal, visitaron as dependencias da Policia municipal e os calabozos.
Pasáronno moi ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario