14/12/15

En cuarto curso aprendemos como funciona Correos

Hoxe en cuarto curso recibimos a visita de Antonio, que traballa en Correos en Moaña.
Queriamos saber como fai unha carta para chegar ao seu destino.

Antonio explicounos como clasifican as cartas, como as envían a outras cidades e países.
Tamén explicou como se debe poñer o enderezo  e o remite. para que non se perdan.
Falounos dos selos e dos vehículos que usan os carteiros/as  para facer o reparto.
Agora sabemos que en Moaña hai 13 carteiros, e que hai máis mulleres que homes.
Aprendemos un montón de cousas, e trouxonos unha caixa de correos ( "buzón" ) de agasallo.

Borja foi o que organizou esta visita. 
Estes nenos de 4º curso de Quintela son moi autónomos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas