O Concello de Moaña ten deseñadas unha serie de actuación para o alumnado de E. Infantil, Primaria e Secundaria co nome "Aprende Moaña"
Dentro destas actuacións, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibimos a visita de Manuel Méndez, mestre e afeccionado á micoloxía. Organizounos unha actividade moi interesante que consistiu nunha mostra-exposición de cogomelos e unha charla coloquio sobre o tema. Aprendemos e descubrimos cousas moi interesantes e aquí vos deixamos unha pequena mostra. Grazas Manuel por compartir connosco os teus coñecementos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario