Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2009-2010. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2009-2010. Mostrar todas las entradas

24/9/10

A cadeira

A pasada semana apareceu no monte de Meira (Moaña), ao lado dos restos dunha torre medieval, unha cadeiraa xigante.O lugar ten unha fermosísima vista sobre a ría
Despois de varios días de misterio, e de mil rumores sobre a identidade dos autores, xa sabemos que é obra de dous mozos de Moaña.
Os nosos parabéns aos autores, Xulio Lago e Roberto Brañas, por a idea e por conseguir que o noso pobo saíra en todos os medios.

18/6/10

Xa temos entrada de Lito Portela

Xa temos a entrada de Lito Portela na Galipedia.


9/6/10

Xa temos a entrada de Xabier Blanco

Xavier Blanco, o mestre gaiteiro, etnógrafo e investigador moañés xa ten artigo na Galipedia.
Os de sexto, primeiro editaron a entrada que hai sobre Moaña, para incluir entre os persoeiros ilustres a Xabier Blanco.
A continuación crearon a entrada sobre Xabier, con información recollida do propio gaiteiro.
Vemos a imaxe no encerado dixital:
















Preme na imaxe para ver como quedou:

2/6/10

Preparando o artigo de Lito Portela

Este é o texto que nos envían os do terceiro ciclo de Primaria sobre o encontro co artista.Publicaremos tamén a entrevista que lle fixeron e incluiremos o seu currículo na Galipedia, xa que nestes momentos non se poden atopar informacións sobre Lito Portela nesta web.


VISITA AO TALLER DO ARTISTA MOAÑÉS LITO PORTELA


O pasado xoves, 29 de abril, o alumnado de terceiro ciclo visitamos o taller dun artista moañés.

O pintor e escultor Lito Portela falounos de como elabora as súas obras dende que ten a idea na cabeza ata que remata a peza. Explicounos como facer unha escultura con elementos da natureza.

Tíñanos preparado na súa mesa de traballo: canas cortadas e con buracos, fíos de vimbia e tiras de cartolina. Con todo isto propúxonos converternos en artistas por un día.

Agradecemos a súa amabilidade con nós e o tempo que nos dedicou.

Alumnado de 3º ciclo

P.D. Ao remate da visita Lito Portela agasallounos cunha pintura súa para o colexio.

7/5/10





O pasado mércores subimos todos os nenos e nenas de 3º e 4º ata a iglesia de San Martiño, que é o patrono de Moaña.
Alí vimos como era, que tiña nas súa fachada, buscamos o reloxo de sol, e aprendemos o que é un tímpano, un arco de medio punto, ...
Logo miramos a rectoral, que está restaurada.
Despois merendamos e xogamos, e logo baixamos ata o cole.
Tivemos que ir por moitos camiños, e cruzar dúas carreteras, pero fixémolo moi ben.

2/4/10

Wellcome Moaña

Anxo Rúa de Quinto curso preparou este vídeo de Moaña para a clase de Inglés

25/3/10

Moaña

Moaña vista por Patri e Sheila, tamén de 5' curso:

19/1/10

Ven a Moaña

Na clase de 6º seguen facendo folletos turísticos. Este é o de Moaña:


5/12/09

O monte da Fraga

Carmen de 6º curso fíxo este folleto turístico sobre o monte da Fraga, en Moaña:

19/11/09

Pontevedra

Jessica de sextp curso presenta o seu tríptico sobre  Pontevedra:
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas