21/2/20

Visita ao Concello de Moaña



Isto é o que contaron os nosos nenos e nenas da visita ao Concello.
Quedamos encantados- as!
O xoves día 6 de febreiro visitaron o Concello.
Ao chegar recibiunos Aldán.



 



A mariscadora é o símbolo de Moaña por iso está na entrada do Concello
 Ensinoulles estas áreas: Padrón, Rexistro, Información, a Policía Local, Arquivo Municipal,
a Sala de Xuntanzas da policía,  os calabozos,Urbanismo, Oficina de Información ao Consumidor, Muller e Igualdade, Normalización Lingüística, Cultura, Facenda, Deportes, Secretaría.



 
Cando remataron entraron no despacho da alcaldesa  Leticia Santos, onde os recibiu xunto coa concelleira e concelleiro.
Alí puidemos facerlles as preguntas que elaboraron





 






 

Por último rematamos con  Odilo no salón de plenos. Estivo explicándolles como se sentaban dependendo de que partido foran e como funcionaba un pleno.



 Foi un día moi interesante!


31/1/20

Visita a AFAMO

 Para celebrar o Día da Paz, os nenos e nenas de 5º de primaria visitaron AFAMO, a asociación de familiares de persoas enfermas de Alzheimer do Morrazo.

Alí coñeceron as instalacións, o traballo que se fai coas persoas afectadas e, ademais, participaron nun intercambio de actividades: os maiores cantaron para os nenos e nenas A rianxeira, e os alumnos e alumnas de Quintela, cantaron para eles un canon cunha letra creada especificamente para esta ocasión.






22/6/19

5° e 6º visitan o Club de remo de Meira

O club de remo Samertolameu de Meira convidounos a visitar as súas instalacións e coñecer un pouco da súa historia e, tamén, gozar deste deporte, ao darnos a oportunidade de visitar e probar os ergómetros, os fosos e incluso saír ao mar en bateis.


Queremos dar as grazas pola invitación e polo ben organizada que estivo a actividade.




21/6/19

4º aprende a mariscar

 O pasado mércores, 5 de xuño, a clase de 4º baixou á ribeira de Moaña a coñecer o oficio de mariscar de cerca. Esperábanos a avoa de Claudia, Tere, e a presidenta da Asociación de Mariscadoras de Moaña, Dolores.

Contáronlles algunhas novidades deste ano: a incorporación de 15  persoas ao traballo (dous homes mariscadores), as pragas de animais invasores,...
Moitas grazas de novo por atendernos.
Presentamos o vídeo de recordo.

14/6/19

Visita á Ludoteca Municipal

O alumnado de 6º de infantil visitou a semana pasada a Ludoteca Municipal, dentro do programa de actividades "Aprende Moaña", organizado polo concello.










12/4/19

Charla sobre salvamento marítimo en 4º

 Un ano máis o curso de 4º recibe a visita de Marcos ( pai de Pedro de 3º ) para falarlles do seu oficio: piloto de helicópteros de Salvamento Marítimo. 

Contoulles en que consiste o seu traballo, amosoulles  o traxe e algún instrumento, púxolles un vídeo de rescates de persoas e, sobre todo, faloulles da importancia do respeto ao mar e de facer caso aos avisos de temporal.








28/3/19

Visita do veterinario Pedro Estévez no 2º ciclo

A semana pasada o alumnado do 2º ciclo contou coa visita de Pedro Estévez, da clínica veterinaria Ars Canis. 

Contoulles unha morea de cousas sobre o seu traballo e sobre os noso amigos, os animais. 
Tamén puideron xogar con Pongo e descubrir as cousas que precisa un canciño para ser feliz.










11/3/19

Facemos roscón en 2º de primaria

 As nenas e nenos de 2º de primaria aprenderon a facer roscón coa avoa de Candela. 

Chámase Lola e resulta ser unha gran cociñeira e colaboradora dun programa de cociña da TVG. Pasárono moi ben e o roscón sabía de maravilla.










8/3/19

PROTECTORA DO MORRAZO

 O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE, DESENVOLVEU UN PROXECTO SOBRE OS CANCIÑOS NO QUE APRENDERON UN MONTÓN DE COUSAS. 

TRABALLANDO ESTE TEMA PUXÉMONOS EN CONTACTO COA PROTECTORA DE ANIMAIS DO MORRAZO PARA QUE NOS EXPLICARAN O SEU TRABLLO  NA PROTE COS CANCIÑOS E ASÍ TAMÉN POÑER EN VALOR NA COMUNIDADE O LABOR TAN IMPORTANTE QUE FAN.
OS CANCIÑOS FIXERON ESTA REPORTAXE, CONVERTÉNDONSE ELES EN "PEQUEPORTEIROS/AS" E ASÍ DIFUNDINDO O SEU  LABOR.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas