Cousas do cole , cousas de Moaña , cousas do mundo contadas polos nenos e nenas do colexio público de Quintela-Moaña
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2017-2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2017-2018. Mostrar todas las entradas
8/6/18
Visitamos a ludoteca
Os nenos e nenas de Infantil visitaron a Ludoteca municipal. É unha actividade que forma parte do proxecto da concellalía de ensino "Aprende Moaña":
Etiquetas:
A ludoteca,
Aprende Moaña,
Curso 2017-2018
Saímos na radio
Hoxe Xulio e Zoe, acompañados de María, a profe de inglés, foron ao programa de Paula Suárez "De Viva Voz" de Single Radio.
Alí falaron ( e fixéronno moi ben )de Pinto e Pistacho, os cans da Prote que temos apadriñados, e contaron as cousas que facemos e aprendemos para coidar dos animais e concienciar á xente de que non se abandonan.

Curso 2017-2018,
Prote do Morrazo
30/5/18
Concerto da escola de música
Esta semana asisitimos ao concerto da Escola de múisica baseado non conto de OQO "Pulga e xigante".
Esta actividade forma parte do proxecto "Aprende Moaña" da Concellalía de ensino.
Esta actividade forma parte do proxecto "Aprende Moaña" da Concellalía de ensino.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Curso 2017-2018,
Escola de música,
Música
25/2/18
Día da árbore
A clase de 2º e a de 3º de Primaria celebraron o día da árbore no monte da Cruz da Maceira. Foi unha actividade organizada polo Concello de Moaña no programa "Aprende Moaña", en colaboración coas Comunidades de Montes de Moaña.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Arbores de Moaña,
Cruz da Maceira,
Curso 2017-2018
21/2/18
Jazz na escola
Onte o alumnado de quinto e sexto de Primaria asistiu a un concerto didáctico de Jazz.
Magnifica a calidade dos músicos e o plantexamento da sesión, que gustou moito aos nenos e nenas, tal como demostraron coas numerosas preguntas que lles fixeron aos músicos..
Esta actividade forma parte da programación da concellalía de Ensino de Moaña "Música na escola" en colaboración coa asociación xuvenil "A Ghudalla".
Magnifica a calidade dos músicos e o plantexamento da sesión, que gustou moito aos nenos e nenas, tal como demostraron coas numerosas preguntas que lles fixeron aos músicos..
Esta actividade forma parte da programación da concellalía de Ensino de Moaña "Música na escola" en colaboración coa asociación xuvenil "A Ghudalla".
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Curso 2017-2018,
Música,
Música na escola
2/2/18
Complexo medioambiental do Morrazo
Onte o alumnado de sexto puidemos ver de preto como se tratan todos os resíduos dende a súa recolleita e coa finalidade de reutilizar para así contribuir no mantemento do noso planeta.
Tamén puidemos ver vídeos educativos que axudaron á concienciación do problema polo que estamos a pasar e a importancia de solucionalo.
Os monitores que nos acompañaron ao longo do percorrido foron explicándonos o funcionamento de toda a maquinaria e como están organizadas as instalacións. Agradecémoslles o trato tan amable e cercano que tiveron con nós e todo o que aprendimos con eles.
Esta actividade forma parte das propostas de "Aprende Moaña", organizadas pola Concellalía de Ensino de Moaña

Planta de tratamento de residuos
29/1/18
Despois da visita ao Concello
Os nenos e nenas de cuarto curso prepararon esta exposición despois da visita ao Concello de Moaña
Esta visita forma parte do proxecto "Aprende Moaña" da Concellalía de Ensino
Esta visita forma parte do proxecto "Aprende Moaña" da Concellalía de Ensino
Etiquetas:
A alcaldesa,
Aprende Moaña,
Curso 2017-2018,
O Concello
19/1/18
Xulgado de Paz de Moaña
O
mércores na clase de 5º fixemos unha chamada ao Xulgado de Paz para saber a
información sobre os nenos que naceron e as persoas que morreron no
2014,2015,2016 e 2017 en Moaña.
Fixemos
a chamada e unha persoa do xulgado contestounos moi claramente e moi seriamente
coma si fóxemos maiores, e deunos os datos.
Logo
apuntamos na libreta os datos que nos deron, e chegamos á conclusión de que os
datos sobre Moaña son positivos.
Raúl
Etiquetas:
Curso 2017-2018,
O xulgado de paz
18/1/18
Paseo polas esculturas II
Coas fotos da saída , algúns alumnos de 6º de Primaria (Samuel, Yoel e Carla Santorio) montaron este vídeo.
Moitas grazas!!
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2017-2018,
Escultura,
Lito Portela
17/1/18
As esculturas en Moaña
O martes 23 de xaneiro a clase de 3º foi ver as esculturas que hai ao aire libre polo paseo e o Rosal.Esta é unha actividade que forma parte do proxecto "Aprende Moaña" da Concellalía de Ensino de Moaña
O pintor e escultor moañés Lito Portela guiou o noso paseo parando en cada escultura e falándonos delas. Coñecemos as distintas maneiras de facer esculturas. Descubrimos de que material están feitas. Decatámonos da cantidade de esculturas que hai. Recibimos moita información.
Ao final, Lito fíxonos un retrato na libreta que levabamos a cada neno ou nena que llo pediu e tamén puxo a súa sinatura nun papel, nun brazo,...
Pasámolo moi ben e non nos importaría repetir.
Moitas grazas Lito!!!
Anécdota: vimos ás mariscadoras camiño do seu traballo e sentámonos no muro a velas e a presidenta da asociación veu a saúdarnos.
Etiquetas:
Aprende Moaña,
Coñecemos Moaña,
Curso 2017-2018,
Escultura,
Lito Portela
21/12/17
Imos a Correos
O mércores os nenos e nenas de 6º de Infantil foron á oficina de correos de Moaña para enviar as súas postais de Nadal....Esperamos que chegaran todas!

Etiquetas:
Coñecemos Moaña,
Correos,
Curso 2017-2018
28/11/17
As mariscadoras
Hoxe 3º e 4º tivemos unha clase moi especial. Dúas mariscadoras de Moaña ( Dolores e Tere ) viñeron falarnos sobre o seu traballo: o marisqueo a pé.
Con algunhas das fotos fixemos un vídeo.
Grazas por todo!
Con algunhas das fotos fixemos un vídeo.
Grazas por todo!
Etiquetas:
Asociacion de mariscadoras de Moaña,
Curso 2017-2018
13/11/17
Os bosques
Tras os incendios do mes pasado, na clase de valores de primeiro fixemos este traballiño. Esperamos que vos guste!
Etiquetas:
Arbores de Moaña,
Curso 2017-2018
8/11/17
No outono... cogomelos
O luns recibimos a Manolo Méndez na biblioteca do cole. É unha actividade que forma parte do proxecto "Aprende Moaña" que organiza a Concellalía de Ensino do Concello de Moaña.
Manolo deunos unha charla sobre os cogomelos. Foi moi interesante! Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria aprendemos un montón de cousas.
Grazas, Manolo!
Etiquetas:
A Fraga,
Aprende Moaña,
Curso 2017-2018
2/11/17
Climograma de Moaña
Na clase de quinto facemos cada mes un climograma cos datos que recollen os nosos compañeiros e compañeiras de sexto curso . Os primeiros foron moi difíciles de facer, pero agora sáennos moi ben!
Este traballo forma parte do Proxecto de Innovación "Meteoquintela"
Este traballo forma parte do Proxecto de Innovación "Meteoquintela"
31/10/17
Entrevistamos a Delio Fernández
Hoxe os nenos e nenas de quinto curso entrevistamos a Delio Fernández. Levábamos varios días preparando a entrevista, e tiñamos moita ilusión. Encantounos velo chegar na bicicleta, recibímolo cun gran aplauso. Os nosos compañeiros de sexto curso quixeron estar presentes, tiñan moitas gañas de coñecelo!
Esperamos volver a velo pronto polo cole!
Esperamos volver a velo pronto polo cole!
Etiquetas:
Ciclismo,
Curso 2017-2018,
Delio Fernández
2/10/17
Saída pola ribeira
O venres as clases de 5º e 6º do cole fixemos unha saída dende o cole ata a praia da Videira. Vimos pazos, praias, esculturas, rochas,...e ata fixemos matemáticas. Pasámolo moi ben!
Etiquetas:
A praia,
Coñecemos Moaña,
Curso 2017-2018,
Tirán
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas