7/3/16

Imos ao monte con Aprende Moaña

Hoxe os nenos e nenas de 2º e 3º de Primaria do noso cole gozamos dun fantástico día de excursión, organizado pola Concellalía de Educación de Moaña, en colaboración coas Xuntas de Montes de Moaña
Compartimos  o autobús que nos levou a Chan do Porco en Domaio.
Alí esperamos a chegada dos outros seis colexios públicos de Moaña mentres dábamos un bonito paseo.
Cando xa estabamos todos, plantamos sobreiras e carballos e recitamos poemas de Manuel María.
Despois da merenda tíñamos reservada unha gran sorpresa, puidemos ver á moura na poza peiteándose co seu peite de ouro.
Rematamos a excursión bailando e escoitando o home orquestra, foi divertidísimo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas