Mostrando entradas con la etiqueta María Salgueiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta María Salgueiro. Mostrar todas las entradas

15/6/14

A entrada na Galipedia de María Salgueiro xa está operativa

A entrada da actriz moañesa María Salgueiro xa está operativa. O alumnado de 6º rematou así un traballlo que incluíu busca documental, entrevista, obtención de datos, elaboración de documento, e por último editar o texto na páxina da Galipedia.
Gustoulles moito comprobar que antes da edición, non existía a entrada e que despois de publicala, era a primeira do listado de buscas sobre a actriz.


12/6/14

María Salgueiro

Este curso, tiñamos programado o encontro con actores e acriices galegos, por ser este un ano dedicado ao teatro grazas a Vidal Bolaño. Para nós foi moi emotivo recibir a unha actriz moañesa, á que lle quixemos elaborar unha entrada na Wikipedia,polos seus moitísimos méritos na profesión. Entre o traballo previo estaba a entrevista á que ela accedeu rapidamente pese a ter compromisos profesionais. Nesta entrevista , María Salgueiro deixounos unhas interesantes reflexións, que non deberiamos esquecer :
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas