Temos aquí un novo texto sobre os curruvellos. Trátase do de Sara Pastoriza, de 5º curso.
María Pastoriza Rodríguez, de 58 anos, hai catro anos que non se disfraza de curruvello.
Todo o mundo que quixera podía disfrazarse. Saía en grupo coas súas amigas.
A roupa que levaban eran panos da cabeza, nas pernas unhas medias, tamén vestían blusas e xerseis de la.
Na cara podían levar antefaces e máscaras.
Despois de vestirse, metíanse con coñecidos e ata con descoñecidos. E ían polas casa dos que non coñecían e andaban todo o día de troula.
A verdade que era moi difícil recoñecelos, xa que tiñan a cara tapada.
O que máis divertido lle resultaba era gastar bromas poñendo voces diferentes, co que conseguían que non os recoñeceran. Ademais, tapábanse as mans porque podían descubrilos por iso.
A María gustaríalle que os nenos e nenas coñeceran esta tradición, porque a ela gustaríalle seguir coas tradicións de toda a vida. É que a ela non lle gustan os disfraces comprados como os de princesas e raíñas..., non. A ela encántanlle os disfraces caseiros porque se fan con moito esmero e cariño.
Sara Pastoriza, 5º curso
No hay comentarios:
Publicar un comentario