Foto: Gonzalo Núñez |
O venres 4 de maio vivimos unha xornada de emocións cos actos que celebraban a connmemoración da construción da Escola Vella de Quintela.
Na exposición, unha nube de persoas buscaban con ávido interese imaxes de amigos e familiares, entre as máis de duascentas fotos. Os sorrisos e as sorpresas percorrían os corredores, dando lugar a animados comentarios.
Os recordos tamén asomaronn ao visitar a recreación dunha aula de metade de século pasado. Os que estudaran na Escola Graduada de Quintela, recoñeceron as mesas, os bancos e os pizarrillos cos que escribían e os máis novos observaban con curiosidade os útis daquela escola tan lonxana.
O faladoiro organizado na Aula da Cultura Daniel Castelao (a antiga escola de Quintela) vivíu momentos moi intensos, tanto polas emotivas intervencións dos presentes como pola curiosidade das anécdotas. Desde detalles sobre o estado das aulas e as trasnadas dos cativos ata as emotivas palabras recoñecendo o labor dalgúns mestres da escola.
Foto : Gonzalo Núñez |
Os cinco convidados representaban puntos de vista clave na historia do Grupo de Quintela: un alumno escolarizado nos anos 50 ( Pepe O caramuxo), outro dos anos 70 (Pepe o Roxo), a última directora do centro antes da aparición dos novo centros de Quintela e Abelendo (Elisa De La Peña), unha mestra do centro vello e do novo (Filomena Lago) e por último a representante da APA que viviu a reclamación dos novos centros (Modesta Fandiño).As súas interencións deron paso as do público, destacando a de Santiago Barreiro , fillo dun mestre de Quintela entre os anos 30 e os 60, Santiago Barreiro Paradela que destacou polos seus méritos docentes como salientaros os presentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario