Esta semana, na clase de 6º de infantil, recibiron a visita de Lorena e Rebeca, traballadora e voluntaria da Protectora de Animais do Morrazo.
Visitounos tamén Chispa, unha cadeliña moi boa que soubo acoller todos os mimos que tiñan gasdados para ela.
Explicáronlles o labor tan importante que fan na protectora, o traballo diario que teñen que facer (limpar, dar de comer, atender aos cans enfermos, levalos ao veterinario, peinalos,...), a importancia do microchip,...
GRAZAS POLA VOSA VISITA E POLA IMPORTANTE LABOR QUE FACEDES!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario