12/11/08

Paula entrevista a Xil Ríos

Xa vos comentamos canto gusta en Moaña a música. Outro exemplo é o noso cantautor Xil Ríos, a que Paula Acuña, alumna de 6º curso, entrevistou hai uns días:

Paula:
¿Cando decidiu ser cantante?

Xil Ríos:
Decidín ser cantante no ano 1971.
Paula:
¿E cando lle veu a súa paixón pola música?

Xil Ríos:
Teño paixón pola música dende pequeno. Estiven en varios grupos:
Primeiro na Rondalla “Mañogalega”. E despois na Coral moañesa como solista.
No ano 1971 participei en Vigo no festival “Dorna”, onde gañei o 2º premio coa canción “Un anaco de pan”, o meu primeiro éxito.
No ano 1973 participei no festival “Miño” de Ourense, onde gañei o 1º premio coa canción”Miña Maruxiña”
Coa Multinacional “Philips “gravei discos durante 15 anos.
Paula:
¿Escribe vostede as súas cancións. En caso afirmativo, ¿en que se inspira?

Xil Ríos:
Si, escríboas eu.Case todas as letras e a música son miñas.
Inspírome nas miñas vivencias, cousas do pobo,...

Paula:
¿Que consellos lle daría aos rapaces que se queren dedicar á música?

Xil Ríos:
Que estudien música.Que sexan constantes co seu traballo: ¡SEN TRABALLO NON SE CONSEGUE NADA!
Paula:
Moitas grazas pola súa colaboración.







3 comentarios:

  1. Saúdos!
    Quixera darlle as miñas máis sinceras felicitacións ao Colexio Público de Quintela pola iniciativa que están a levar a cabo a través da rede. Paréceme importante porque, por desgraza, moitas veces desprezamos o que inmediatamente nos rodea en favor do foráneo ou alleo. Grazas a actuacións como a vosa faremos desaparecer aquel dito de que "Ninguén é profeta na súa Terra". Especialmente loábel me parece que tiverades a ben facerlle unha entrevista ao cantautor XIL RÍOS posto que é realmente un mito vivo da música galega. A calidade da súa música e o seu carácter cordial e amábel convérteno nun dos grandes de Galiza. Tedes unha sorte tremenda de poder desfrutar del de preto. Repito, noraboa pola iniciativa e noraboa por lembrarvos de XIL RÍOS porque aínda que de preto non se perciba tanto e el non sexa consciente diso é un dos grandes persoeiros da Historia da Música Galega. E o séu último, que non derradeiro, agardemos, disco "Vai e vén" é a máis clara manifestación de que se de compositores temos que falar XIL RÍOS ocupa un lugar no podio. A este respecto gustaríame que se corrixira na introdución á entrevista "...o cantante Xil Ríos..." por "...o cantautor Xil Ríos..." pois así é o correcto ao ser el quen compón a letra e música da práctica toalidade dos temas que interpreta.
    Que pasedes unhas moi boas festas.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Grazas polas túas palabras.No colexio temos moi clara a necesidade de que os nenos e nenas valoren o noso,e eso é o que estamos traballando.Non podemos esquecemos a labor de Xil Ríos en defensa da nosa lingua.
    Como ves queda correxido o erro da presentación.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas por considerar o meu comentario anterior. Non fixera referencia ao labor de XIL RíOS en defensa da nosa lingua pero é evidente que dende que comezou a súa traxectoria a súa música sempre cercana ao pobo foi un claro aliciente para a normalización lingüística ao estar elaborada en galego. Mesmo no tema "Falemos galego", incluído no compacto "Que non decaia" publicado por "Edigal" se deixa de rodeos para a afirmar que "Quen non fala a súa fala é que despreza á súa Nai" sen esquecerse, por suposto, de establcer que "Galiza é a Patria, non o esquezas máis".
    Non quixera ser pesado. Simplemente aproveito para expresar a miña admiración por XIL RÍOS que sempre ocupará un lugar privilexiado na Música do noso País. E tamén cara ao Colexio polo labor que están a levar a cabo.
    Grazas por corrixir o termo "cantante" polo de "cantautor". Iso é darlle a xustiza que merece a este músico.
    Un cordial saúdo para o Colexio!

    ResponderEliminar

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas