Aquí vivimos
Cousas do cole , cousas de Moaña , cousas do mundo contadas polos nenos e nenas do colexio público de Quintela-Moaña
4/6/24
O Maio en San Martiño
16/5/24
Charla da asociación Sueste
O venres da semana pasada tivemos unha charla moi interesante para o alumnado de 4º de primaria.
14/5/24
Visita á praza de Moaña
A clase de primeiro foi visitar a Praza de Abastos de Moaña. Alí agardábanos Alex para guiarnos na vista.
Aprendemos moito sobre os peixes, Como fai o rape para cazar aos peixiños, por que o Martiño ten unha mancha escura e moitas curiosidades máis.
Esta actividade está organizada polo Concello de Moaña, no seu programa Aprende Moaña.
Gustounos moito a visita.
13/5/24
Somos mariscadoras
Onte fomos á Xunqueira e puidemos acompañar ás mariscadoras. Pasámolo moi ben buscando marisco e xogando coa auga. Agardábanos unha sorpresa moi especial porque vimos golfiños!
3/5/24
Charla coa presidenta de mariscadoras
Onte a clase de terceiro tivemos a visita de María Dolores, a presidenta de mariscadoras de Moaña. Ensinounos moitas cousas como a diferencia entre distintas ameixas, os aparellos que emprega, etc. Para rematar invitounos a ir mariscar con ela á praia da Xunqueira. Que ilusión!!!
6/3/24
Saída a Rialdarca
Hoxe o alumnado de terceiro e de quinto de primaria fixemos unha andaina pola beira do río Rialdarca para prantar árbores autóctonos como a sobreira ou o madroño. Pasámolo moi ben.
9/2/24
O Entroido tradicional de Meira
A semana pasada tivemos a sorte de recibir de novo a Manolo Cobas, bailador e mestre de baile en varias asociacións, entre elas Meiramar.
8/2/24
4º visita o Concello de Moaña
Coma tódolos anos o alumnado de 4º de primaria é o escollido para visitar o Concello de Moaña, dentro das actividades "Aprende Moaña".
A concelleira de ensino, Dolores, recibiunos moi ben e foi a nosa guía durante toda a visita.
Queremos darlles as grazas á alcaldesa, Leticia, por recibirnos e atender as nosas peticións.
Por suposto tamén lle agradecemos a todo o persoal do concello as súas explicacións sobre o funcionamento do mesmo.
Aprendemos unha chea de cousas!
5/2/24
As laranxeiras
O alumnado de Infantil, xunto cos nenos e nenas de 5º de Primaria recollimos as laranxas, aproveitando o bo tempo, das laranxeiras que temos no colexio. Tivemos unha fermosa xornada de convivencia!!!
8/10/23
Paseo polo río da Fraga
O alumnado de 6º de primaria saíu facer unha andaina que tiñan pendente desde o curso pasado. Percorreron o sendeiro do río da Fraga acompañados dun biólogo que lles explicou unha morea de cousas moi interesantes sobre a contorna que rodea dito sendeiro. Queremos darlle as grazas por todo o que nos contou e polas cancións que nos cantou acompañado polo seu ukelele.