16/5/24

Charla da asociación Sueste

 O venres da semana pasada tivemos unha charla moi interesante para o alumnado de 4º de primaria. 

Paco, a nosa mascota da biblioteca, animounos a investigar sobre as embarcacións tradicionais de Moaña e invitamos a Pablo e Cándido, que son membros da Asociación Sueste de Moaña.
Son persoas coñecedoras das embarcacións tradicionais de Galicia e quixeron compartir con nós toda a información que coñecen sobre o tema. Trouxeron unha maqueta dunha dorna e  resultou unha charla moi amena.
Queremos agradecerlles que nos dedicaran parte do seu tempo e que compartiran con nós o seu saber.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas