17/08/09
Un paseo por Moaña
Publicado por
bibliotecadocole
en
4:50
0
comentarios
Etiquetas: Moaña
13/07/09
Carta ao alcalde de Moaña
Quintela 30 de Abril de 2009
Excmo. Sr Alcalde de Moaña:
Somos un grupo de nenos e nenas de 5º curso de Quintela.
Dirixímonos a vostede paradarlle as grazas por algunhas cousas ben feitas no noso Concello, que nos afectan directamente aos nenos e ás nenas, e tamén para darlle a coñecer algunhas queixas que esperamos se podan solucionar.
O noso compañeiro Noel está agradecido porque as beirarrúas na zona onde vive (Daniel Castelao) foron arranxadas este ano. Xabier tamén lle da as grazas por cambiar unha portería que estaba en mal estado no parque da Ameixoada.
A maioría dos nenos e nenas deste colexio imos ao parque de Moaña e algunhas randeeiras precisan ser cambiadas, ó igual que algunha rede nas pistas de fútbol, xa que moitos balóns caen ó mar ou á estrada.
Xabier tamén quere pedirlle colectores para reciclar vidrio e plástico na zona do Camiño de Agrelo, os que hai na Ameixoada quédanlle moi lonxe.
Agardando qeu sexan atendidas as nosas peticións, dámoslle as grazas anticipadas.
Atentamente.
Nenos e nenas de 5º curso de Quintela
Publicado por
bibliotecadocole
en
8:09
0
comentarios
22/05/09
Entrevista a Iván Costa

Toca moitos instrumentos: gaita, zanfona,tambor, bombo, pandeiro, pandeireta…
Se che parece empezamos por algunhas preguntas relacionadas cos teus comenzos.
_ Cal foi o primeiro instrumento que tocaches e cantos levas tocado ó longo da túa vida?
O primeiro instrumento que toquei foi a flauta , cando estaba no colexio. Ó longo da miña vida levo tocado entre vinte e vinte e cinco.
_ Como te defines musicalmente: como gaiteiro, como músico…?
Primeiro síntome gaiteiro e despois músico.
_ Que lugares che sirven de inspiración para compoñer?
Ás veces, lugares fermosos: unha posta de sol, o mar tranquilo ou o mar bravo…
Outras veces, cousas que che van pasando na vida: un aniversario, os nacementos das miñas sobriñas…
_ Cantos discos levas publicado?
Como solista de gaita publiquei un disco. Como colaborador con outras formacións levo publicado arredor duns quince.
_ No disco Ávrego hai unha peza que se chama Lagarteira. Cóntanos un pouco a historia.
Lagarteira é un camiño estreito que vai dende a casa onde naceu miña nai ata a casa onde naceu meu pai. Eu de pequeño recorría moitas veces ese camiño. Está moi preto deste colexio.
_ Nese mesmo disco sabemos que hai unha peza adicada a unha nena deste colexio. Pódesnos tocar un cachiño?
É unha peza adicada a unha sobriña miña que compuxen cando ela naceu.
_ Que che gusta máis: compoñer ou interpretar?
Gústame moito mais interpretar. Pásoo mellor ca compoñendo, porque ás veces cando un compón non sempre lle sae o que espera.
_ En canto ó teu taballo como mestre, por que decidiches adicarte a iso?
Porque me gustaba o ensino e mais a música e así puiden xuntar as dúas preferencias que tiña.
_ Que é o que máis che gusta de traballar cos nenos?
Gústame adicarlle tempo á música tradicional galega porque no ensino ,as veces, préstaselle pouca atención. Interésame traballar sobre as danzas e as melodías da música tradicional galega.
_ Que recordos tes da túa vida de estudiante no noso colexio?
Lémbrome que eramos moitos máis nenos e paseino moi ben. Eu neste colexio só estiven dous anos porque antes de funcionar este colexio estabamos no local que hoxe ocupa a Biblioteca Municipal.
_ Actuaches en moitos colexios? Cóntanos como foi a experiencia.
Actuei en poucos. En Domaio, en Paralaia, en Seara e hoxe no voso. As experiencias foron moi positivas.
_ Que lle dirías ós rapaces que queren adicarse á música?
Que se animen. É moi fermoso adicarse ó que a un lle gusta. Non sei se sabedes que en Moaña temos a Escola de Música no colexio de Reibón. Podedes acudir alí polas tardes.
_ Volvendo ó tema da música, prefires actuar só ou en grupo?
Depende do repertorio. Cando toco a gaita prefiro actuar só e cando toco a zanfona prefiro actuar con outros.
_ Que actuación lembras con especial cariño?
Foi en Francia, cando gañei un premio a nivel mundial para gaiteiros,o Mcallan. A actuación foi nun campo de fútbol e sentinme especial tocando alí.
_ En que proxecto estás traballando neste momento?
Nun espectáculo de música e danza que se chama Bruma.
_ Que fas no teu tempo libre?
Adícome a tocar.
_ Que valoración fas da música tradicional galega no pasado en relación ó presente?
Antes eran os gaiteiros os protagonistas da música tadicional en Galicia, pero as pezas ianse perdendo con eles. Pouco a pouco a música tradicional evolucionou cara á música Folc, que foi recollendo esas pezas e dándoas a coñecer ao mesmo tempo que incorporaban interpretes con formación musical.
Grazas po la túa visita. Pasámolo moi ben escoltándote a ti e as túas interpretacións.
Nenos e nenas de 5º do colexio de Quintela.
Máis sobre Iván no blog do noso equipo de EDNL Dinamiza Normaliza.
Publicado por
bibliotecadocole
en
1:31
0
comentarios
Etiquetas: Entrevista, Iván Costa
12/11/08
Paula entrevista a Xil Ríos
Xa vos comentamos canto gusta en Moaña a música. Outro exemplo é o noso cantautor Xil Ríos, a que Paula Acuña, alumna de 6º curso, entrevistou hai uns días:
Paula:
¿Cando decidiu ser cantante?
Xil Ríos:
Decidín ser cantante no ano 1971.
Paula:
¿E cando lle veu a súa paixón pola música?
Xil Ríos:
Teño paixón pola música dende pequeno. Estiven en varios grupos:
Primeiro na Rondalla “Mañogalega”. E despois na Coral moañesa como solista.
No ano 1971 participei en Vigo no festival “Dorna”, onde gañei o 2º premio coa canción “Un anaco de pan”, o meu primeiro éxito.
No ano 1973 participei no festival “Miño” de Ourense, onde gañei o 1º premio coa canción”Miña Maruxiña”
Coa Multinacional “Philips “gravei discos durante 15 anos.
Paula:
¿Escribe vostede as súas cancións. En caso afirmativo, ¿en que se inspira?
Xil Ríos:
Si, escríboas eu.Case todas as letras e a música son miñas.
Inspírome nas miñas vivencias, cousas do pobo,...
Paula:
¿Que consellos lle daría aos rapaces que se queren dedicar á música?
Xil Ríos:
Que estudien música.Que sexan constantes co seu traballo: ¡SEN TRABALLO NON SE CONSEGUE NADA!
Paula:
Moitas grazas pola súa colaboración.
Publicado por
bibliotecadocole
en
10:41
3
comentarios
Etiquetas: Entrevista
10/05/08
Visita de Xosé R. Millán, escritor e alcalde de Moaña
¿Que libros che gustaban cando eras neno?
Moby Dick , o Mago Merlín, cómics de Mortadelo e Filemón, novelas de vaqueiros e todo o que atopaba.
Na miña casa apenas había libros, pero lembro que miña nai mercoume a Enciclopedia Alvarez.
¿Recordas a túa escola?
Si, era a escola de dona Sergia.
¿Cal foi a primeira biblioteca que visitaches?
A biblioteca de Beluso, que é onde nacin.
¿Tes moitos libros na túa casa?
Si, uns tres mil libros.
¿Cando empezaches a escribir?
Cando tiña 10 anos.
¿Cáles son os teus escritores favoritos?
Rosalía de Castro é a escritora que máis me gusta.Tamén me gustan Alvaro Cunqueiro e Miguel Torga que é un escritor portugués.
¿E o teu poema favorito?
Negra sombra
¿Que che gusta máis, ser escritor ou ser alcalde?
Gustame máis ser profesor, profesor de galego, que é a miña profesión.
¿Gustaríache que fixeran cadros inspirados nos teus poemas?
Si, por suposto, encantaríame, xa me fixeron algún.
¿Que libro che gusta máis dos que escribiche?
“O tempo de sal”
¿En que te inspiras para escribir?
Nos obxectos da vida cotiá, na natureza, nas cousas que vexo pola rúa,..
¿Cando te elexiron alcalde, deixaches a poesía?
Deille un descanso,...
Publicado por
bibliotecadocole
en
2:50
0
comentarios
Etiquetas: Alcalde, Entrevista
12/12/07
Xosé Manuel Budiño
Publicado por
bibliotecadocole
en
13:03
0
comentarios
Etiquetas: Música
09/07/07
Un paseo pola praia
En Moaña temos a sorte de poseer varias praias urbanas.Esta é a da Xunqueira.
A praia da Xunqueira ten un parque, para disfrutar da sombra. No parque está a bibliopraia.
Publicado por
bibliotecadocole
en
7:06
0
comentarios
Etiquetas: A Xunqueira, Bibliopraia, Praia









