25/1/19

Coidando a natureza

 O pasado venres, os cursos de 5º e 6º asistiron a unha charla sobre a importancia da compostaxe, organizada pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Revitaliza. Antón, o encargado de dar a charla, explicoulles o problema que temos para xestionar a cantidade de residuos que producimos. Para diminuir o noso impacto no medio ambiente, amosoulles a importancia de reducir esa cantidade de residuos, por unha banda, poñendo atención na nosa forma de consumo e, pola outra, compostando os restos orgánicos que producimos.

Logo, os nenos e nenas de 6º E.P. montaron unha composteira que, nunhas semanas poremos na nosa horta, para continuar compostando os restos das nosas merendas.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas