13/2/17

Charla sobre a vespa velutina

O pasado venres, os cursos de 5º e 6º de Primaria recibimos unha charla sobre a vespa velutina impartida por Fran Ogando(membro da asociación de apicultores de Moaña). Esta é outra das actividades que o concello ofrece aos colexios do municipio e que son do máis interesantes. Como sabedes as apicultoras e apicultores de Galicia están preocupadísimos pola invasión destas vespas que arrasan con todo: atacan as colmeas de abellas e cómennas, deixan sen pole as flores, ... En fin,o ciclo vital da abella está moi ameazado. Non paran en buscar solucións para combater esta praga e agora están usando unhas trampas moi sinxelas de facer. Fran trouxo varias trampas feitas con material de refugallo: botellas de auga de plástico e un cable para atalas ás árbores. Seica as vespas velutinas son unhas borrachas e con iso están traballando os apicultores. Enchen as botellas con distintos licores e elas entran atraídas polo cheiro do alcohol. Fran regalounos trampas para poñer nas plantas que agora as necesitan: os camelios. 
As fotos mostran distintos momentos da charla.











No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas