3/5/16

Pola ribeira do río

O martes, 3 de maio, a clase de 5º de Primaria saímos de paseo polo río da Fraga.
 É unha actividade organizada polo concello dentro do programa "Aprende Moaña" e ofrecida aos colexios para que o alumnado de 5º coñeza a vexetación típica da ribeira dos ríos. 
Tivemos un guía, Chani, que 1º nos deu unha charla para familiarizarnos co tema. Resultou moi interesante e divertida.
 Tamén fixemos moito exercicio porque todo o fixemos andando e acabamos esgotados. 
Dámoslle as grazas a unha veciña que nos deu de beber a todos cando xa estabamos no final.
Debaixo están as fotos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas