17/2/16

Visita ao Concello de Moaña

Dentro das actividades de Aprende Moaña, o alumnado de 4º curso visitou o Concello de Moaña para coñecer o seu funcionamento e realizar á alcaldesa, Leticia Santos, varias preguntas preparadas en clase e nos seus fogares.
A alcaldesa e a tenente de alcalde  Marta Freire, responderon as preguntas dos nenos e nenas, que sobre todo xiraban en torno a temas como melloras en parques infantís e en zonas verdes
Tamén viron as dependencias do Concello, presentaron un escrito por rexistro, comprobaron que estaban no padrón municipal, visitaron as dependencias da Policia municipal e os calabozos.
Pasáronno moi ben!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas