12/6/15

Asociación de Mariscadoras de Moaña

Coa información recompilada polo alumnado de quinto curso na entrevista  á presidenta da Asociación de mariscadoras de Moaña, na clase de sexto redactamos un artigo sobre elas para a Galipedia.Fixemos así:

Primeiro investigamos como se redactan os artigos, mirando os de outras asociacións.
Logo preparamos o artigo.
A continuación enviámosllo á Asociación para que o revisasen , por se contiña algún erro.
Por último, xunto cos compañeiros/as de quinto curso, subimos á rede o artigo.
E aquí tedes o enlace:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Asociaci%C3%B3n_de_Mariscadoras_de_Moa%C3%B1a

No hay comentarios:

Publicar un comentario

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas