10/5/08

Visita de Xosé R. Millán, escritor e alcalde de Moaña


O día 23 de Abril , Día do Libro, recibimos na nosa biblioteca escolar a visita do alcalde de Moaña, Xosé Ramón Millán Otero.

O noso alcalde é autor de varios estudios e tamén ten publicados libros de poemas.

Na biblioteca, nun ambiente moi agradable, os nenos e nenas de 6º curso fixeronlle unha pequena entrevista, e ao rematar, o alcalde leulles uns conto.

Esta é a entrevista:



¿Que libros che gustaban cando eras neno?
Moby Dick , o Mago Merlín, cómics de Mortadelo e Filemón, novelas de vaqueiros e todo o que atopaba.
Na miña casa apenas había libros, pero lembro que miña nai mercoume a Enciclopedia Alvarez.

¿Recordas a túa escola?
Si, era a escola de dona Sergia.

¿Cal foi a primeira biblioteca que visitaches?
A biblioteca de Beluso, que é onde nacin.

¿Tes moitos libros na túa casa?
Si, uns tres mil libros.

¿Cando empezaches a escribir?
Cando tiña 10 anos.

¿Cáles son os teus escritores favoritos?
Rosalía de Castro é a escritora que máis me gusta.Tamén me gustan Alvaro Cunqueiro e Miguel Torga que é un escritor portugués.

¿E o teu poema favorito?
Negra sombra

¿Que che gusta máis, ser escritor ou ser alcalde?
Gustame máis ser profesor, profesor de galego, que é a miña profesión.

¿Gustaríache que fixeran cadros inspirados nos teus poemas?
Si, por suposto, encantaríame, xa me fixeron algún.

¿Que libro che gusta máis dos que escribiche?
“O tempo de sal”

¿En que te inspiras para escribir?
Nos obxectos da vida cotiá, na natureza, nas cousas que vexo pola rúa,..

¿Cando te elexiron alcalde, deixaches a poesía?
Deille un descanso,...

Tedes algunhas fotos no ALBÚM DE FOTOS
Preme dúas veces en enter para escoitar "Negra Sombra" na versión de Luz Casal e Carlos Núñez:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas