12/11/08

Paula entrevista a Xil Ríos

Xa vos comentamos canto gusta en Moaña a música. Outro exemplo é o noso cantautor Xil Ríos, a que Paula Acuña, alumna de 6º curso, entrevistou hai uns días:

Paula:
¿Cando decidiu ser cantante?

Xil Ríos:
Decidín ser cantante no ano 1971.
Paula:
¿E cando lle veu a súa paixón pola música?

Xil Ríos:
Teño paixón pola música dende pequeno. Estiven en varios grupos:
Primeiro na Rondalla “Mañogalega”. E despois na Coral moañesa como solista.
No ano 1971 participei en Vigo no festival “Dorna”, onde gañei o 2º premio coa canción “Un anaco de pan”, o meu primeiro éxito.
No ano 1973 participei no festival “Miño” de Ourense, onde gañei o 1º premio coa canción”Miña Maruxiña”
Coa Multinacional “Philips “gravei discos durante 15 anos.
Paula:
¿Escribe vostede as súas cancións. En caso afirmativo, ¿en que se inspira?

Xil Ríos:
Si, escríboas eu.Case todas as letras e a música son miñas.
Inspírome nas miñas vivencias, cousas do pobo,...

Paula:
¿Que consellos lle daría aos rapaces que se queren dedicar á música?

Xil Ríos:
Que estudien música.Que sexan constantes co seu traballo: ¡SEN TRABALLO NON SE CONSEGUE NADA!
Paula:
Moitas grazas pola súa colaboración.







As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas