O xoves fomos visitar a Fonte e Lavadoiro de Rialdarca. Levamos as nosas botellas e collemos auga na fonte, lavamos roupa no lavadoiro que amablemente nos deixaron dúas veciñas nosas e aproveitamos para camiñar un pouco ó carón do río. Xa coñecemos dúas fontes: Entrevalos e Rialdarca. Esperamos seguir coñecendo moitas más. Grazas a todas as familias pola vosa colaboración!Os nenos e nenas están entusiasmados con este proxec
to sobre a auga.
Cousas do cole , cousas de Moaña , cousas do mundo contadas polos nenos e nenas do colexio público de Quintela-Moaña
26/11/10
24/11/10
Fonte de Entrevalos
Hoxe, mércores, as tartarugas fomos visitar a fonte que temos ao lado do cole: a Fonte de Entrevalos. Aproveitamos para encher as nosas botellas e probar esa auga tan rica. Fomos tamén ao Lavadoiro da Miranda a lavar. Gustounos moito, aínda que menos mal que temos lavadoras!.
Etiquetas:
Curso 2010-2011,
Fonte de Entrevalos,
Fontes de Moaña,
Moaña
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas